REHABILITACIÓN CARDÍACA GRATUITA A SEIS PARADOS

OURENSE. 14 DE MARZO DE 2013.

CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DA PREVENCIÓN CARDIOVASCULAR, CENTROKORAZON, CENTRO MEDICO CENDISA E A COOPERATIVA SANITARIA DE GALICIA CO.SA.GA OFRECEN 6 PRAZAS GRATUITAS NO PROGRAMA DE REHABILITACION CARDIACA A PARADOS QUE TIVERAN UN INFARTO, CIRUXÍA CARDIACA OU OUTRO EVENTO CARDIOVASCULAR NO ULTIMO ANO.

PODES DESCARGAR AQUÍ A NOTA DE PRENSA SENÓN A CONTINUACIÓN TES UN RESUMO DA NOTA DE PRENSA:

• As persoas interesadas poderán porse en contacto con CENTROKORAZON ata o 29 de MARZO do 2013. As prazas serán otorgadas por riguroso orde de contacto se os requisitos clínicos da rehabilitación se cumpren e teñen a carta do paro.

• Os dous grupos (3 persoas/grupo) darán comezo o 1 de abril e constarán de 18 sesións de adestramento supervisado, educación para a saúde e controlo de factores de risco cardiovascular, repartidas en 6 semanas e contando con persoal especializado en Fisioloxía do Exercicio e Rehabilitación Cardíaca.

• Con motivo do Día Europeo da Prevención Cardiovascular, a celebrarse hoxe 14 de Marzo, CENTROKORAZON quere remarcar que as enfermidades cardiovasculares (ECV) son a primera causa de morte no noso país, por enriba do cancro e das enfermedades do sistema respiratorio. Na nosa cidade more por esta causa en torno ó 35% da poboación, e atópanse, moi relacionadas con hábitos de vida pouco saudables. (Fonte: I Plan Municipal de Saúde).

Ourense, 14 de marzo do 2013.- O Programa de Prevención e Rehabilitación Cardíaca (RC) de CENTROKORAZON (Especialistas en Fisioloxía do Exercicio), Centro Médico CENDISA e a Cooperativa Sanitaria de Galicia CO.SA.GA, comezou o seu funcionamento a finais do 2012 no Policlínico Sáenz Díez e é o único existente na provincia de Ourense, público ou privado. Está dirixido a prevención do infarto, e a recuperación de homes e mulleres que tiveran un infarto de miocardio ou outro episodio cardiovascular (ciruxía coronaria stent/bypass, insuficiencia cardíaca, anxina, marcapasos, desfibrilador, valvulopatías, fibrilación auricular,…).

Con esta iniciativa preténdese pois dar cobertura a seis persoas, que estando en situación de desemprego, falta de recursos económicos, ou falta de cobertura pola súa compañía aseguradora, e non puideran ter acceso a un programa de rehabilitación cardíaca despois de teren un episodio cardiovascular.

O programa inclúe un protocolo de exercicio estructurado polo cardiólogo e o especialista do exercicio en rehabilitación cardíaca, que é continuamente supervisado para a seguridade e a mellora da función cardíaca e muscular. Asemade integra accións específicas para o apoio psicolóxico, e de educación alimentaria e sanitaria para o controlo dos Factores de Risco Cardiovascular (hipercolesterolemia, hipertensión, diabetes, tabaquismo, stress, falta de actividade física…) xa que estes causan unha alta tasa de reingresos hospitalarios a medio prazo debido a falta de constancia para mudar o estilo de vida.

DADO O CARÁCTER NOVIDOSO E GRATUITO DESTE TRATAMENTO PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN PARA FACILITAR A POSTA EN MARCHA DO GRUPO TERAPÉUTICO.

Para máis información:
Javier Loureiro Díaz
Director do Programa de Rehabilitación Cardíaca.
637 867 064
javier@centrokorazon.es
www.centrokorazon.es

Pacientes que tras completar un programa de rehabilitación cardíaca compitieron en la Carrera do San Martiño en Noviembre de 2012.

Sin comentarios »

Sin comentarios aún.

Deja un comentario

Disculpa, debes iniciar sesión para escribir un comentario.